AS CRUCES DE PEDRA


Dentro das numerosas mostras do arte popular galego e de unha terra onde a pedra forma parte de a paisaxe, as cruces e os cruceiros  son os  monumentos máis abondosos, os que mellor se poden identificar coa paisaxe e quizais sexan os máis arraigados entre as xentes desta terra. O amplo número de cruces e cruceiros que balizan a paisaxe galega pódese interpretar como o resultado da presenza coincidente dun elemento material, a vernácula pedra de gra, dun símbolo relixioso universal, a cruz, e dunha serie de particulares factores etnográficos, entre os que se debe salientar a existencia dos vellos camiños e as encrucilladas como lugares de antigos cultos ou espazos de encontro co sobrenatural.
Esta tripla conxunción, dentro do marco constituído pola peculiar relixiosidade, as devocións populares e as antigas crenzas do mundo rural galego, herdeiro de primitivas culturas, para moitos pode ser unha das casusas desta abondosa presenza das cruces de pedra.
Dende a noite dos tempos  a pedra estivo sempre presente nos monumentos e paisaxes galegos. A pedra foi,  e segue a ser motivo de adoración ou culto.
As cruces de pedra teñen a función de guia e protección dos viaxeiros que percorren os camiños, de marcar os limites territoriais e a santificación dos tú,mulos, necrópoles e monumentos funerarios orixinarios de épocas anteriores ao cristianismo, así como a sinalización, en algún caso das chamadas malas mortes (falecementos repentinos ou ocorridos de xeito incidental).

Cristo dos Barros




 AS PEDRAS DO CAMIÑO



De pedra e ceo son
os camiños dos labregos
que percorren día a día
cos  calores do verán
e coas neves do inverno.

Camiñando polos tempos
polos montes e carreiros
cerca de pobos e aldeas,
a  paisaxe   fóndese
coas santas cruces de pedra

Velaquí
qué nos queda?.
Esperar,
esperar a que as voces do silencio
empécennos a contar
como xurdiu esa pedra
e como a vida nos leva.


Chus
         
                          
No concello de Mañón somos privilexados ao poder contar cun ancestral vieiro o coñecido como O Camiño Vello dos Arrieiros que discorre polo cordal das serras da Faladoira e da Coriscada  e no que se levantaron unha serie de cruces de pedra coas que se pretendeu sacrilizalo, e a maioria atopanse en  bo estado de conservación.
Pero iso non é todo, so na parroquia das Grañas atopamos máis de unha ducia  de cruces, pero xa non están todas gracias as  falcatruada dos de sempre, que as levan por diante sin importarlles o máis minimo.
Os "cruceiros" son, en expresión de Castelao: "a máis enxebre manifestación artística do noso pobo, a máis puxente revelación da nosa espiritualidade".


A maior parte do texto  aquí escrito copieino do artigo "AS CRUCES DE PEDRA DO CAMIÑO VELLO DOS ARRIEIROS" (Juan J. Burgoa) CATEDRA. Revista Eumesa de Estudios

Comentarios

matrioska_verde ha dicho que…
son fermosas mírese como se miren, ben en sentido relixioso, o simplemente material o artístico.

biquiños,

Entradas populares