OS LONXES DO SOLPOR



Os lonxes do solpor é un libro escrito coa transparencia estremecida de quen contempla desde os ritmos humanizados da terra o lusco-fusco das paisaxes, as palabras sen sombra e a bandeira do florida do amor que volve a ser canto necesario.. Palabra terra e tempo. Humana tensión de nostalxias entretecidas á historia e ao futuro: "E pregamoslle ao tempo/ que nos sexa benévolo e piadoso".
                                                                               Miguel Anxo Fernán Vello.

Son palabras do prologo deste libro ata agora inédito de Manuel María, un fermoso poemario, curto, tan só trinta e tres poemas, pero moi intenso, eloxia a palabra, a espida e treme na pluma do poeta,

Cando hai xentes que maltratan,
empobrecen e prostitúen
a palabra; cando ollamos 
individuos que apuñalan,
matan e enterran a palabra;
.................................
                   
é unha critica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente,

Na noite moura estou, na incertidume,
neste absurdo foscor de non saber,
na agarda esperanzada do mencer
e no silencio total da servidume.
.........................
enchese coa atmosfera desta terra nosa, da paixase que nos rodea, e do tempo incerto que está a chegar, por es tamen desixa sentir saudade dos tempos que son idos.

Lembramos vellos días, outros tempos
en que a terra era pura
é o seu sorriso aínda adolescente:
os ríos corrían cristalinos
dicindo unha canción de xuventude;
os ares, limpos, ciculaban
sen toses, sen asfixias nin velenos;
.................................................

                                                       Manuel María.

Comentarios

matrioska_verde ha dicho que…
tiene muy buena pinta... y la foto es una ilustración perfecta para ese adelanto de versos.

biquiños,

Entradas populares